29 de enero de 1417 (ACS, CF 29, Tumbo E, fol. 54 r-v)

Resumen

1417, enero, 29. Santiago de Compostela.

Foro que hace el cabildo en reunión capitular presidida por Juan Martín de Noia, cardenal mayor y vicario del deán Alfonso García de Santa María, doctor en leyes.

Transcripción

(fol. 54r) [A]nno do naçemento de Noso Sennor Ihesu Christo de mill et quatroçentos et dez et septe annos, viinte et nove dias / do mes de janeiro.

Sabean todos que nos don Iohan Martin de Noya, cardeal mayor enna igllisia de Santiago, vigario / do deadego de Santiago por don Afonso Garçia de Santa Maria, doutor en leis, dean enna dita igllisia de Santiago, / et as personas et coengos da dita igllisia de Santiago, seendo ajuntados en noso cabidoo enna torre nova da dita igllisia / per tangemento de canpaa segundo que avemos de vso et costume, entendendo et seendo çertos que este aforamento / adeante contiudo, he feito en prol et boo paramento do dito cabidoo et bees del, et de consintimiento de Gonçaluo Afonso, / coengo de Santiago, teençeiro da nosa teença de Caabruas, que esta presente et consente et outorga, por nos et por no/sos subçesores, damos et outorgamos en aforamento et por razon de foro, d’oje este dito dya endeante, a Fernan / Malauer, marino, et a Mayor Eanes, sua moller, moradores enna vila de Noya, que son absentes, asi conmo se fosem / presentes, por todo tempo de suas vidas d’anbos et de cada huun deles et mais huna voz et viinte et nove annos / que deuen de teener et auer aquel ou aqueles que per lo postromeiro deles for nomeado, as casas que perteesçen a a dita teença // (fol. 54v) de Cabruas que estan enna dita villa de Noya, enna rua de Iohan Monteiro; as quaes se teen per tauoados da huna parte con outras casas de / Martin Lageiro da parte de çima, et da outra parte se teen per parede et tauoado con outras casas de Gonçaluo Fernandes Mansino ennas quaes / ditas casas o dito Fernan Malauer et sua moller agora moran. Et aforamoslles as ditas casas con seus sotoos, sobrados, camaras, / portaas et entradas et saydas et agoas vertes et con suas perteensças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deuen, asi dentro conmo de / fora, et en alto conmo en baixo; et con tal condiçon que el et a dita sua moller leuanten per cunme as ditas casas tan altas conmo / estan as outras sobreditas casas con que elas estan juntas; et eles et as ditas voses que as reparen et refaçan de pedra, madeira, / tella et ferro et de todo o outro lauor et adubeiro que lles fezer mester durante o tempo deste dito aforamento por suas custas pro/pias, saluo caendo per see ou ardendo, o que Deus non queira, et sen desconto alguun desto que eles enno tempo da vida de Tareixa / Rodrigues, madre da dita Maria Eanes, den et pagen cada anno en saluo enna dita villa de Noya viinte libras de blanquos con/tando viinte soldos por libra. Et fiindo o tempo da vida da dita Tareixa Rodrigues que dende endeante den et pagen doze libras da dita moneda / cada anno ao dito Gonçaluo Afonso, coengo et teençeiro, et aos outros teençeiros que foren da dita teença por los tenpos en saluo por / dia de San Miguell de setenbre. Et asi en cada huun anno, segundo dito he por eles et seus bees et da dita voz et do que teuer os / ditos viinte et nove annos. Et fiindo o tempo deste dito aforamento que as ditas casas fiquen ao dito cabidoo et teençeiro libres, quitas / et desenbargadas con todo o perfeito et boo paramento que en elas for et esteuer feito. Et eles nen a dita voz nen o que teuer os / ditos annos este dito aforamento, non deuera de vender nen sopenorar nen poner nen traspasar en outra persona alguna sen noso / consintimento ou de nosos subçesores; et avendoo de fazer que o façan a nos ou a eles tanto por tanto conmo outro alguun / por ello der querendoo nos ou eles; et non o querendo que enton que o façan a taes personas que pagen o dito foro et conplan et agar/den as outras maneiras et condiçoes contiudas en este dito aforamento. Et nos nen nosos subçesores non llos deuemos de / tirar nen toller este dito aforamento enno dito tempo por mais nen por menos nen por al tanto que outro alguun por elo de nen / prometa nen por outra razon alguna et fazerlles lo saao et de paz pero los bees do dito cabidoo et teença que para ello o/bligamos. Et eu, o dito Gonçaluo Afonso, coengo et teençeiro, que presente soo, asi outorgo o dito aforamento et consinto en el / et prometo non virar contra el so a penna adeante contiuda.

Et eu, Iohan Ranno, notario apostolico, vezino da çidade de Santiago, que soo / presente, en nome dos sobreditos Fernan Malauer et sua moller, Maria Eanes, et voz et annos, por los quaes me obligo que estan (sic) este / dito aforamento por fiirme et estauble, et o cunplan et agarden so obligaçon de meus et seus bees que para elo obligo, asi re/çebo o dito aforamento a eles feito et outorgado segundo dito he. Et prometo et outorgo que elles den et pagen o dito foro cada anno et / leuanten a dita casa et façan, conplan et agarden as outras maneiras et condiçoes contiudas en este dito aforamento.

Et qual das partes / <que> contra esto veer ou pasar, en parte ou en todo, peite a a outra parte que o agardar et conplir mill morabedies por penna. Et a penna paga/da ou non pagada todauja este dito aforamento et as cousas en el contiudas fiquen firmes et vallan segundo dito he. /

Testemoias que foron presentes don Roy Fernandes de Vex, don Jacome Fernandes, cardeaas, et Iohan Eanes de Santa Marta et / et (sic) Iohan Manso, coengos de Santiago.

Notas al texto

Datos documentales y bibliográficos

  • Documento originalACS, CF 29, Tumbo E, fol. 54 r-v
  • Descripción

    La documentación incorporada se encuentra copiada en el llamado Tumbo E de la Catedral de Santiago, cartulario recopilado en buena parte durante la época del prelado compostelano Lope de Mendoza (1399-1445), al que se incorpora posteriormente nueva documentación, hasta el siglo XVI. Se trata de un tumbo en pergamino, integrado por 206 documentos copiados a lo largo de 141 folios en letra cortesana y en idiomas gallego y castellano. No presenta miniaturas ni decoraciones y la encuadernación es en madera con forro de piel repujada.

  • Edición

    Xosé M. Sánchez Sánchez

  • Cita
    Carta de a de 29 de enero de 1417, ed. Xosé M. Sánchez Sánchez, en Biblioteca Cartagena [<http://bibliotecacartagena.net/documentum/29-de-enero-de-1417-acs-cf-29-tumbo-e-fol-54-r-v> Consulta: 17/11/2018].
    Citar este documento

Digitalizaciones de los originales