4 de marzo de 1417 (ACS, CF26, Tumbo G, ff. inv8r-v)

Resumen

1417, marzo, 4. Santiago de Compostela.

Traslado del foro realizado por el cabildo compostelano en reunión capitular en la catedral de Santiago presidida el deán del cabildo Alfonso García de Santa María, doctor en leyes.

Transcripción

(f. inv.8r) Anno do naçemento de Nosso Sennor Ihesu Christo de mill et quatroçentos et des et sete annos, quatro dias do mes de março. /

Sabean todos que nos, don Affonso Garcia de Santa Maria, doutor en leys, dean enna iglesia de Santiago, et as personas et en/cargos(¿) da dita iglesia de Santiago, seendo juntados en noso cabidoo enna torre noua da dita iglesia por tangemento / de campaa segundo que avemos de vso et costume, de consentimento et outorgamento de Juan do Barro, bachiller en de/cretos, coengo enna dita iglesia de Santiago, teençeiro da nosa teença Vella das Casas, que esta presente et otor/gante, dando et seendo çertos que este aforamento adeante contiudo he feito en prol et boo paramento do dito cabi/doo et bees del, por ende por nos et por nosos suçesores, d’oje este dia endeante, damos et otorgamos //(f. inv.8v) en aforamento, et por [...] de Santiago / que presente sodes, et a vosa moller Teresa Gerra, que he absente, asi como se fose presente, por vos / et por tempo de vosas vidas et de cada huun de vos, et mays vida de huna vos des[pois] / do postromeiro de vos et mays tempo de viinte e noue annos, os tres quartos entregamente da /casa, sotoo et sobrado que esta enna rua do Vilar, que perteesçe a a dita teença Vella, enna / qual agora mora Maria Bernaldes, et da qual os outros dous quartos perteesçen et son de Diego / Rodrigues, juis. Et a qual se ten por parede contra e uaa con hunas casas que son do lume de Santiago e de / Afonso Eanes d’Espanna(¿) et Teresa Gomes, sua moller, et da outra parte contra baixo se ten por parede con /outras casas de Ynes Fernandes, moller de Gonzaluo Rodrigues d[...]mon que foy et de seus fillos. Et afo/ramos vos os ditos tres quartos entregamente da dita casa con seu sotoo e sobrado, ca/maras, portaaes, entradas e seydas e suas perteesças et dereituras que lle perteesçen et pertees/çer deuen asy de dentro conmo de fora et en alto conmo en baixo, por las quaes vos et a dita / vosa moller, en vosas vidas et despois a dita vos et o que teuer os ditos \viinte et noue/ annos este dito / aforamento, deuedes et avedes de dar e pagar quoreenta libras de brancos, contando viinte sol/dos por libra, cada anno ao dito teençeiro et aos outros teençeiros da dita teença / por los tempos por dia de Natal, en parte et en saluo, en esta çidade de Santiago por vos et por vosas voses / et seus bees. Et sen desconto alguno deuedes \re/fazer et reparar et restoyrar os ditos / tres quartos da dita casa de pedra, madeira, ferro, tella et todo lauor et adubeiro que lle / for mester et nesçesario durante o tempo deste aforamento, saluo caendo por pee ou arden/do, o que Deus non quera. Et fiindo o tempo deste aforamento que os ditos tres quartos entrega/mente da dita casa fiquen ao dito cabidoo e teença libres, quitos et desenbargados, con / todo o probeito e boo paramento que en elas for et esteuer feito. Et non deuedes de vender / nen sopenorar este dito aforamento nen o poer nen traspasar en outra persona alguna / sen noso consentemento ou de nosos suçesores. Et avendoo de fazer que o façades / a nos ou a eles tanto por tanto conmo outro alguno por elo der querendoo nos ou eles; / et non o querendo que enton que o façades con taes personas que sejan semetauees de vos et que pa/gen o dito foro en cada huun anno e faça e cumpla et agarde as outras maneras / e condiçoos contiudas en este dito aforamento. Et nos nen nosos suçesores / non vos deuemos de tirar nen toller este dito aforamento durante o tempo del por / mays nen por menos nen por al tanto que outro alguno por elo de nen prometa / nen por outra rason alguna, e fazervoslos saao e de pas por los bees / do dito cabidoo e teença, que vos para elo obligamos.

Et eu o dito Roy Gomes / polo que presente soo, por min e en nome da dita mina moller et da dita / vos, e do que teuer os ditos viinte e noue annos, asi o reçebo e outor/go de darmos e pagaremos as ditas quoreenta libras ao dito teençeiro cada / anno e de faser conprir e agardar as outras maneiras e condiçoos contiudas / en este dito aforamento por min et por meus bees et seus bees que para elo / obligo.

Et eu o dito Juan do Barro, bachiller, coengo e teençeiro que presente soo, asy / outorgo e consento enno(¿) o dito aforamento e prometo et outorgo non viinir / nen pasar contra el, so a penna adeante contiuda. E qual das partes contra esto / viere en parte ou en todo peyte a a outra que o agardar e conprir doas.

Notas al texto

Datos documentales y bibliográficos

  • Documento originalACS, CF26, Tumbo G, ff. inv8r-v. Se inserta en una declaración capitular acerca de dicho contrato realizada en 20 de abril de 1437. Incompleto.
  • Descripción

    La documentación incorporada se encuentra copiada en el llamado Tumbo E de la Catedral de Santiago, cartulario recopilado en buena parte durante la época del prelado compostelano Lope de Mendoza (1399-1445), al que se incorpora posteriormente nueva documentación, hasta el siglo XVI. Se trata de un tumbo en pergamino, integrado por 206 documentos copiados a lo largo de 141 folios en letra cortesana y en idiomas gallego y castellano. No presenta miniaturas ni decoraciones y la encuadernación es en madera con forro de piel repujada.

  • Edición

    Xosé M. Sánchez Sánchez

  • Cita
    Carta de a de 4 de marzo de 1417, ed. Xosé M. Sánchez Sánchez, en Biblioteca Cartagena [<http://bibliotecacartagena.net/documentum/4-de-marzo-de-1417-acs-cf26-tumbo-g-ff-inv8r-v> Consulta: 24/04/2019].
    Citar este documento

Digitalizaciones de los originales