16 de febrero de 1418 (ACS, CF 29, Tumbo E, ff. 57r-v)

Summary

1418, febrero, 16. Santiago de Compostela.

Alfonso García de Santa María, deán compostelano, y en representación del cabildo catedralicio, recibe la donación de propiedades que le hace a la institución María Fernández de Bolaño, hija del escudero Alfonso López de Saavedra y doña Sancha, esposa de Lopo Núñez de Oza, el viejo, escudero, y monja terciaria.

Transcription

(f. 57r) Enno anno da nasçença de Nosso Sennor Ihesu Christo de mill et quartoçentos et des et oyto annos, des et seys dias do mes de feuereiro. Sabeam / todos que eu, Maria Fernandes de Bolano, filla de Afonso Lopes de Saauedra, escudeiro que foy, et de donna Sancha, sua moller, et moller de / Lopo Nunnez d’Oza o uello, escudeiro que foy, fraira da Terçeira Ordeen, morador en Santa Christina da Penna, da çidade de Santiago / por min et por toda mina voz, non constrengiida per força nen desçebida per enganno, mais de minna propia et liure voontade, sen outra premia et costren/gemento alguun, et enno amor de Deus et do Apostollo glorioso de Santiago, et por quanto eu soo persona liure et desenbargada et poso / fazer de meus bees aquelo que me Deus der de graça, por ende dou et outorgo en pura et liure doaçon por jur de herdade para senpre asi / conmo doaçon mellor pode et deue seer feita de dereito ontre viuos, a vos don Afonso Garcia de Santamaria, doutor en leys, dean enna / iglesia de Santiago et a as personas et coengos do cabidoo da dita iglesia que presentes sodes, seendo juntados en voso cabidoo per tangemento / de canpaa enno pulpito da dita iglesia, segundo que avedes de custume, et a uossos subçesores para senpre, todos los herdamentos, casas, casares et chan/tados et vinnas et foros et rendas et jures et teenças et posisones et çenssos et outros quaes quer dereitos que eu ajo et me perteesçen et perteesçer deuen ennas fri/grisias de San Iohanne de Callobre et de San Pero de Villar mayor et de Santa Vaya de Burgaas et de Santa Maria de Germade et en Santa Mayor / et enno alfoz de Vilalua et en cada huna das ditas frigrisias por onde quer que vaa, amontes et afontes, ennas ditas frigrisias et en cada huna delas / et en suas herdaduras, et con todas las outras perteesças et dereituras, et con toda a renda et padroadego et dereitos et jur de presentar que au ajo et / me perteesçe en na igllisias das ditas frigrisias et en cada huna dellas, et os quaes ditos herdamentos et rendas et padroadego et dereitos me a min / perteesçen por parte do dito Lopo Nunnez, meu marido que foy, et por manda de Lopo Nunes d’Oza, o moço, et Sancha Nunes, meus fillo et filla que eu / ouve do dito Lopo Nunes d’Osa o uello, meu marido que foy, et por outras conpras et gaanças ou suçesyoes que dellos ouve, et por outra qualquer / manera et rason que seia. Et estas sobreditas herdades et renda et padroadego et dereitos et jur de presentar, dou et outorgo a vos os ditos / sennores dean et cabidoo et a uosos subçesores por las almas do dito Lopo Nunes, meu marido, et dos ditos Lopo Nunes o moço et Sancha Nunes, / meus fillo et filla que asi ouve do dito Lopo Nunes meu marido, et por la mina alma et de aqueles a que eu soo tiuda, cujos foron et deçende/ron os ditos herdamentos et jur de presentar das ditas iglesias et de cada huna dellas. Et esta dita doaçon uos dou et outorgo porque me plaz / et hee mina voontade et por seruiço de Deus et do dito Apostollo Sennor Santiago. Et d’aqui endeante façades desto todo et de parte delo toda uossa / liure voontade conmo de uosa cousa propia. Et todo jur, sennorio, posison, propiadade, uoz, dereito et abçon et demanda que eu ajo et me / perteesçe ennas sobre ditas cousas et en cada huna delas, segundo dito he, de min et de mina voz o tiro et tollo et parto et en vos, os ditos se/nnores deyan et cabidoo et en vosos subçesores o ponno et traspasso per esta presente carta de doaçon para senpre, et douvos poder que per vos ou per / outro en voso nome, posades entrar et reçeber o jur et posisson real et corporal dos sobreditos herdamentos et de cada huun delles et as / rendas et padroadegos et jur de presentar das ditas iglesias et de cada huna dellas et os outros dereitos sen meu enbargo et de mina uoz et d’outro / alguun. Et prometo et outorgo de non reuocar nen variar esta dita doaçon per manda nen per testamento nen codiçillo nen ao punto de meu fi/namento nen procurar que se reuoque posto que contra min seiades ingratidos ou feserdes outra qualquer cousa para que de dereito a dita / doaçon posa seer reuocada, o que Deus non queira, et de uos anparar et defender con todas estas ditas cousas et cada huna delas que vos / asi dou en doaçon, et faseruoslos saaos et de paz, a todo tenpo, per min et per meus bees, mobles et raises que uos para ello obligo, / et per juramento que ende faço aos Santos Auangeos corporalmente con minnas maaos tangidos et so pena de mill dobras d’ouro que / peite a vos et a vosos subçesores por penna et interese et pustura conuençional que conuosco ponno se contra elo veer en parte ou en todo et / o asi non conplir et agardar. Et a pena pagada ou non pagada todauia esta dita doaçon et as cousas en ela contiudas fieue firme et / valla para senpre. Et d’aqui endeante confeso et outorgo que tenno et vsso por vos, os ditos sennores dean et cabidoo, et de vosa maao, o jur et / posisson dos sobre ditos herdamentos et renda et padroadego et jur de presentar dos ditas iglesias et de cada huna dellas et os froitos / et rendas que ellas renderen et rendesen de aqui en deante et non por outro alguun. Et de mais renunçio et parto de min a todas las leys et / (f. 57v) et foros et dereitos et cartas et vssos et custumes, escriptos ou non escriptos, canonicos et çeuiins et moniçipaes que en contrario desto poderia / dizer et allegar et posto que os diga ou allegue per min ou per outro en meu nome que me non vallan nen seian de reçeber en / juizo nen fora del.

Et nos, os ditos dean et cabidoo, que presentes somos, para nos et para nosos subçesores assy reçebemos a / dita doaçon, et de mais queremos et propoemos que libremente et sen outra condiçon nin mando que en remuneraçion do ben et graçia / que de uos reçebemos de estatuir et ordenar entre nos que cada anno façamos nos, et os ditos nosos subçesores, por la uosa al/ma et dos sobre ditos por uos nomeados et de todos los outros a quen sodes tiuda de faser çelebrar çertos ofiçios diuinaes / a noso arbitrio, segundo que nos for ben visto et conmo mellor podermos con dereito a actentas as rendas dos sobre ditos bees. /

Esto foy feito et outorgado et ordenado enno dito cabidoo enno lugar, dia et mes et anno sobreditos.

Testemoyas que foron presentes, don / Iohan Rodrigues de Medin, arçidiago de Nendos, et Iohan Martines de Noya, cardeal mayor, et Iohan Lopes de Vilousaz et Lopo Diaz / de Manente, coengos enna dita igllisia de Santiago.

Editor notes

Documentary and bibliographic data

  • Original documentACS, CF 29, Tumbo E, ff. 57r-v
  • Description

    La documentación incorporada se encuentra copiada en el llamado Tumbo E de la Catedral de Santiago, cartulario recopilado en buena parte durante la época del prelado compostelano Lope de Mendoza (1399-1445), al que se incorpora posteriormente nueva documentación, hasta el siglo XVI. Se trata de un tumbo en pergamino, integrado por 206 documentos copiados a lo largo de 141 folios en letra cortesana y en idiomas gallego y castellano. No presenta miniaturas ni decoraciones y la encuadernación es en madera con forro de piel repujada.

  • Edition

    Xosé M. Sánchez Sánchez

  • Citation
    Letter from to in 16 de febrero de 1418, ed. Xosé M. Sánchez Sánchez, in Cartagena Library [<http://bibliotecacartagena.net/en/documentum/16-de-febrero-de-1418-acs-cf-29-tumbo-e-ff-57r-v> Requested: May 24, 2019].
    Cite this document

Digitalization of the original documents